
Levábamos moito tempo esperando e por fin chegou o momento, presentámosvos o novo logo oficial da charanga EraVisto.
Se tivestes a ocasión de vernos en algunha das actuacións do tramo final da pasada tempada e vos fixastes na roupa puidestes ver o novo logo xa estampado, agora chegou o momento de presentalo de forma oficial.
Con este novo logo queremos dar inicio a unha nova etapa da nosa formación, despois dun inicio fulgurante no que nos demos a coñecer nunha gran parte da xeografía galega toca seguir traballando para seguir subindo postos no ranking das melloras charangas de Galicia.








