Noticia
O Dúo Estrellas mellora a súa montaxe para este 2026
01/06/2026 15:35 - ESTRELLAS
Logo de varias semanas de reformas, o Dúo Estrellas formado polos irmáns Fanego vén de presentar a súa nova montaxe.

Coa mesma, sustitúese o antigo videowall por tres novas pantallas P5: unha grande para o centro (onde antes se situaba dito videowall), e dúas máis pequenas a cada lado, ofrecendo un resultado máis inmersivo, cunha visibilidade notablemente mellorada para condicións de luz tanto nocturna como diurna, mantendo unha calidade de imaxe definida e un aspecto limpo.

Dito sistema súmase á xa existente programación de vídeo, iluminación e lanzado de confetti, ofrecendo un espectáculo visual perfectamente sincronizado e previamente deseñado canción por canción, permitindo ós intérpretes centrarse na animación, interpretación vocal e baile, sen por iso ofrecer unha iluminación descoidada ou en "piloto automático". Todo isto xunto co seu equipo de son de alta calidade, pretenden poñerse á vanguardia técnica, sendo, polo de agora, o único dúo de Galicia en utilizar esta tecnoloxía.

Ademáis das novidades técnicas, os irmáns Fanego seguen a presentar novidades no seu repertorio, enfocándose coma sempre en conectar co público, poñelo a bailar, cantar grandes éxitos do gusto dos asistentes e, en definitiva, facer festa.