Noticia
Orquesta Salsarena traballa na súa páxina web
07/12/2022 19:00 - SALSARENA

Moi boas tardes amigas e amigos! Hoxe, a orquestra Salsarena traémosvos unha gran noticia. Levamos meses traballando nun proxecto que nos fai verdadeiramente felices e o cal estamos moi ilusionados de poder contarvos.

Moi proximamente estrearemos a nosa páxina web, na cal vos iremos informando de todas as noticias da Orquesta, así como datas, fotos, contidos multimedia, audios e poderedes coñecer cada un dos nosos integrantes.

Comunicarémosvos a súa apertura no momento que a abramos ao público. De momento e para que vaiades coñecéndoa este é o enderezo que tedes que poñer no voso buscador.

www.orquesta-salsarena.com

ORQUESTA SALSARENA