
O próximo 31 de xaneiro de 2025, ás 20:30h, o auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas acollerá un concerto especial protagonizado por Antonio Barros (voz) e iAlma (piano e coros). O espectáculo "Boleros y Baladas, con iAlma" ofrecerá un repaso por cancións icónicas de artistas como Nino Bravo, Camilo Sesto e Los Panchos, nun formato acústico íntimo e elegante.
Unha experiencia única para todos os públicos, onde a música e o amor serán o fío condutor dunha noite inesquecible. As entradas xa están dispoñibles en ataquilla ¡Non perdas esta cita coa boa música!
