Noticia
Videoclip de Los Satélites do tema 'Corazón galego'
26/04/2024 09:00 - LOS SATÉLITES

A orquestra Los Satélites gustaríanos presentarche o noso novo videoclip do tema de creación propia “Corazón galego”.

É un tema feito desde os nosos orixes, que fala da morriña da propia terra, de como un ou unha galega nunca deixa de selo por moi lonxe que se atope do seu fogar.

Puxemos moito cariño nesta canción, buscando crear un himno, aportando a esencia de Los Satélites como formación que leva loitando pola música en directo en Galicia máis de 86 anos e cunha historia moi arraigada á da nosa rexión. A colaboración de G Face, grande artista de Tui, puxo a guinda desta gravación, feita entre Galicia e Barcelona, con moita desa morriña por estar fóra e coa idea de que ser galego ou galega márcate, tamén como artista.

O noso soño? Que a xente que se sinta moi de aquí, sinta esta canción moi súa.

Gracias por facelo posible. Unha aperta de Los Satélites.

Videoclip:
https://www.youtube.com/watch?v=fIdHZvnCb18